viernes, 16 de diciembre de 2016

¿QUE NECESITAN AS PLANTAS?

Fixemos un experimento para demostrar que as plantas  necesitan  auga  lìquida, aire e luz do sol.



Temos tres plantas, metimos unha planta nunha caixa de cartón, a planta ten un pano por encima, outra nunha bolsa con peche de cremalleira e a última deixamola fora. Temos unha ficha de observación, miramos as plantas e anotamos un día  de cada semana un equipo. As veces vemos mosquitos ou vivos ou mortos, follas podres etc. Non regamos ningunha planta.

A planta da bolsa estaba humida,  as flores estaban para abaixo. Había mosquitos. Supoñemos que había ovos na terra. Morreron mosquitos e apareceron outros novos mosquitos porque se reproducíron.






Deixamos a planta dentro da caixa de cartón. Abrimos a caixa, un día estaban as ramas baixadas. Deixamos a planta na caixa de cartón. Segundo foron pasando os días deixamos a planta a sombra.





Á planta de fora  caeronlle uns poucos talos, pero sigue normal.





CONCLUSIÓN:



  • Planta da caixa: Está cos talos baixa porque non tiña luz do sol e por iso non pode fabricar o seu alimento.E está moi debil.
  • Planta da bolsa: A terra está humida e ten as flores e os talos baixados por exceso de humidade.
  • Planta de fora: Está seca e coas follas planas, está cos talos de pé. Está seca.
  • As plantas necesitan auga sen pasarse, luz do sol e aire.

EQUIPO: Los super mega imprescindibles, de 3º  (Manu, Fins, Xabi e Félix)

No hay comentarios.:

Publicar un comentario