martes, 27 de junio de 2017

FIN DE PROXECTO: VISITA GUIADA

Informamos ás nosas familias sobre todo o traballado e aprendido neste proxecto nunha estupenda xornada de Fin de Curso, rematando cun saudable almorzo. Encantounos!

                

jueves, 22 de junio de 2017

REVISTA ESCOLAR CURSO 2016-2017

Na revista deste curso, dedicada integramente ao proxecto "Quen sementa, recolle", ofrecemos moita información elaborada nas aulas sobre diferentes temas. Mirade:

miércoles, 21 de junio de 2017

OPINANDO SOBRE O PROXECTO

Despois do traballo realizado ao longo do curso, as nenas e nenos de terceiro opinan sobre o proxecto.

PORTFOLIO DE 1º

Recopilación do traballo realizado polos alumnos e alumnas de 1º de primaria en relación co proxecto escolar.

Portfolio De 1º: Quen sementa recolle

jueves, 15 de junio de 2017

A COLLEITA

O alumnos e alumnas de 1º xa foron recollendo os primeiros produtos da horta, e aquí está a demostración:


miércoles, 14 de junio de 2017

A POLINIZACIÓN DA FLOR DA CABAZA

Cando naceron as flores das cabazas, os nenos e nenas de 1º puxéronse a investigar e descubriron...

    

miércoles, 7 de junio de 2017

QUE LLE PASA ÁS LEITUGAS?

A leituga estaba crecida



Un día iamos á  leira e vimos que a leituga estaba alta
Non sabiamos o que pasaba  así que nos informamos, o que pasaba era que a planta iba a tirar flor e outras sementes,  e volverse a reproducir porque non a cortamos.

Martín e Alexia

martes, 6 de junio de 2017

EXPERTOS EN TOMATES

NA AULA DE 5 ANOS APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE OS TOMATES E CONTÁMOLO TODO NESTE MURAL PARA A EXPOSICIÓN:



lunes, 5 de junio de 2017

PRIMEIROS FROITOS: CHÍCHAROS

Os chícharos foron os primeiros froitos en sair 
 
Primeiro aparecen as flores dos chícharos

Destas flores crecen as vaiñas

Dentro das vaiñas estan os  chícharos, hai que comelos cando están verdes porque se non quedan secos, e logo serven para sementar de novo.
Amy e Alba

viernes, 2 de junio de 2017

FLORES!!!

As plantas da nosa horta empezan a ter flores:

 
Flor de pemento

 Flor de millo
Flor de cogombro
Flor do tomate

Flor do feixón

Santi e Jorge