viernes, 28 de abril de 2017

FROITOS NAS VENTÁS!

ESTAMOS TAN MOTIVADOS CO TEMA DA HORTA E DOS FROITOS QUE PLANTAMOS QUE QUIXEMOS DECORAR A NOSA AULA CON ESTE MOTIVOS E TIVEMOS UNHA XENIAL IDEA: DECORAR AS VENTÁS CON FROITOS COMA SI FORA OUTRA HORTA!!
PUXÉMONOS MANS Á OBRA E...






ESTE FOI O ESPECTACULAR RESULTADO!!



FUNDACIÓN SALES, UN TESOURO BOTÁNICO

Crónica da visita ao xardín botánico da Fundación Sales. ¡¡¡Mágoa, faltounos poder ver o nenufar xigante!!!


Diseño sin título de a xanela Aberta

miércoles, 26 de abril de 2017

TRANSPLANTE E COIDADOS

Despois de informarnos ben do que tiñamos que facer, aquí vos contamos o que fixemos para preparar a nosa horta coas plantas que sementamos.

                 

Así foi como observamos a evolución das nosas sementes:
 

martes, 25 de abril de 2017

CONDICIÓNS DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

A agricultura ecolóxica é unha forma de traballar a horta sen facer dano á natureza.
Unha condición sería ter unhas xoaniñas para que defendan a horta dos pulgóns en vez de utilizar produtos químicos. Para que veñan as xoaniñas e outros insectos  hai que ter flores de moitas cores e plantas aromáticas. Algúns insectos como as abellas e as bolboretas polinizan as flores.
Non podemos mover o solo demasiado porque se non destruimos o lugar dos seres vivos.
Hai que rotar as plantas (poñelas cada vez nun sitio distinto ) porque así cada planta absorbe minerais distintos.
Hai que ter unhas plantas diferentes( de cada tipo) para que non haxa pragas.
E hai que utilizar compost como fertilizante.


OS COLORES, Amy, Alba e Jorge

É A HORTA UN ECOSISTEMA?

A horta é un ecosistema porque hai animais e plantas que se relacionan entre  eles e co medio fisico.O medio fisico da horta é o solo, é a luz , a auga , a temperatura e o aire.

 Nunha horta pode haber seres vivos como: pulgóns,formigas,xoaniñas,flores (como rosas,tulipáns e petunias), e sobre todo hai hortalizas.

Algunhas relaciòns entre os seres vivos da horta e o medio fisico son:
A planta co solo: A planta necesita os nutrientes do solo.
A formiga co pulgón: A formiga defende o pulgón e axudalle a subir as plantas de xudías, e o pulgón a cambio dalle un líquido que fai el. 
A miñoca e a terra: A miñoca vive no solo.

Las tres rosas: Miriam, Yésica, Lucía

lunes, 24 de abril de 2017

TAMÉN TEMOS ACELGAS

A FAMILIA DO NOSO COMPAÑEIRO MARTÍN TROUXONOS HOXE UNHAS PLANTAS DE ACELGA QUE LLES SOBRARON DAS QUE PLANTARON NA HORTA DA SÚA CASA.  MARTÍN, QUE XA AXUDOU NA CASA AOS SEUS PAIS NESTE TRABALLO, PLANTOU AS PLANTAS NA NOSA HORTA E XA ESTÁN LISTAS PARA MEDRAR XUNTO COAS SÚAS VECIÑAS!

AS ''MALAS'' HERBAS

Unha mala herba superficial non vai roubarlle os nutrientes dunha raíz profunda.
Tampouco pode competir cunha pataca xa feita, por exemplo.
Unha mala herba impide perder o solo por unha erosión, pola auga da chuvia, e a calor.
Unha mala herba come o nitróxeno, e grazas a ela o nitróxeno non contamina o subsolo.


A nosa idea é que algunhas malas herbas arrincarémolas  e outras as deixaremos por que son beneficiosas, arrincamos as que esten ocupando o sitio das plantas e estorbando, e deixamos as que non estorben.

 Infalibles 2107: Rocío, Xián, Santi

sábado, 22 de abril de 2017

2º PARTE DA HORTA

Seguimos preocupados polos caracois e o papá de David e a súa prima deunos o seguinte consello. 
Bruno está preocupado polo crecemento das plantas e a relación coas lúas e foi a súa avoa a que nos axudou.


 

viernes, 21 de abril de 2017

CONTROL DE CARACOIS E LESMAS

En primavera se hai humidade hai problemas na horta cos caracois e lesmas.
Os terreos para que no acumule moita auga a terra hai que drenalos con regos.
Non plantar en zonas enchoupadas.
Hai que levantar   o bancal para que non entren caracois nin lesmas para cultivar ben.
Nunca hai  que voltear o solo para que teña capas e non matar as arañas que comen os ovos dos caracois e lesmas.
Para favorecer a os paxaros, plantamos árbores para que fagan niños ou facer niños artificiais, eles comerán os caracois.
Os ourizos cachos é outra medida,pero é  difícil atraelos.

Nos pensamos que vamos a poñer unha tella para os caracois e lesmas que lles gusta a humidade , e cando se agochen alí nós  collémolos.




Outra idea seria botar sal nos carreiros para non perxudicar  as nosas plantas.


Os crocodilos de 4º: Rubén, Alexia, Martín, Aaron

jueves, 20 de abril de 2017

DITOS E REFRÁNS

AS FAMILIAS APORTARON DITOS E REFRÁNS SOBRE A TEMÁTICA DO PROXECTO E EXPUXÉMOLOS POR TODO O COLE!! NÓS EMPREGAMOS A ESTRUCTURA COOPERATIVA DO "FOLIO XIRATORIO" PARA CONFECCIONALOS ENTRE TOD@S AXUDÁNDONOS COA ORDE DAS LETRAS







E ESTE FOI O RESULTADO!!


martes, 11 de abril de 2017

1º PARTE DA HORTA

Os de 1º imos contarvos unha serie de consellos que nos están dando nas nosas casas sobre como cuidar a horta, o que agradecemos moito.



viernes, 7 de abril de 2017

AS PLANTAS MEDRAN!

AS NOSAS SEMENTES XA ESTÁN A XERMOLAR E IMOS RECOLLENDO NAS TÁBOAS DE REXISTRO A EVOLUCIÓN DAS PLANTIÑAS. DEBUXAMOS O QUE VEMOS, OS DÍAS QUE LEVA SEMENADO E O QUE MIDE EN CENTÍMETROS.
 O MILLO XA ESTÁ LISTO PARA DAR O PASO Á NOSA HORTA!


jueves, 6 de abril de 2017

EXPERIMENTOS DE 6º

Presentámosvos os experimentos que fixemos cada equipo para saber máis sobre a vida das plantas.

               
               
               
               

martes, 4 de abril de 2017

A SEMENTEIRA DE 5º

Os de 5º curso aprendemos a sementar  , e cando as plantas xerminaron  e medraron un pouco trasplantámolas para que sigan a medrar.

             

Ainoa  e Lucy