Unha condición sería ter unhas xoaniñas para que defendan a horta dos pulgóns en vez de utilizar produtos químicos. Para que veñan as xoaniñas e outros insectos hai que ter flores de moitas cores e plantas aromáticas. Algúns insectos como as abellas e as bolboretas polinizan as flores.
Non podemos mover o solo demasiado porque se non destruimos o lugar dos seres vivos.
Hai que rotar as plantas (poñelas cada vez nun sitio distinto ) porque así cada planta absorbe minerais distintos.
Hai que ter unhas plantas diferentes( de cada tipo) para que non haxa pragas.
E hai que utilizar compost como fertilizante.
OS COLORES, Amy, Alba e Jorge
No hay comentarios.:
Publicar un comentario