miércoles, 21 de diciembre de 2016

Experimento de 1º


Os alumnos de 1º estivemos comprobando a evolución da semente do feixón en 3 situacións diferentes:
1ª Feixón nunha bandexa con algodón, luz e sen auga.
2ª Feixón nunha bandexa con algodón, luz e auga.
3ª Feixón nunha bandexa con algodón, auga e sen luz (dentro dunha caixa).
Fomos rexistrando toda a evolución e finalmente elaboramos un vídeo que presentamos aos nosos compañeiros do cole.



Observábamos e iamos anotando
diariamente.





 Pero tamén o rexistramos a través de imáxes.
                              



















E confeccionamos un vídeo para que poidades ver os resultados.


Alumnas/os de 1º.

martes, 20 de diciembre de 2016

Capas do solo

Fixemos varios experimentos:
                                    capas do solo  

Nun vaso mesturamos auga ,deterxente de lavalouzas ,terra .E removemos 1 minuto íamos anotando cada dïa como baixaba a espuma. En 3 días baixou toda a espuma e se empezou a formar  as capas.  O de arriba é o humus e no fondo había un pouco de rochas no medio había un pouco de area. 

                                            

O SOLO COMESTIBLE


Esta feito de galletas, flan, oreo,coco rallado con colorante e gominolas.
Partimos as galletas a metade cada vez mais pequenas,
despois botamoslle 3 culleres de flan,  partimos as oreos e collemos o coco rallado nun vaso con colorante de cor verde. Isto facía de herba. E despois puxemos as lambonadas de forma de animais.
 

CLASE DE 5º


Conferencia de 1º, 2º e 5º

Despois de estar traballando todo o 1º  trimestre coas sementes, chegou o día de demostrar aos demais compañeiros e compañeiras todo o que tiñamos aprendido. 

Empezamos os alumnos/as de 1º.

Estamos presentando o experimento do crecemento do feixón.


A continuación foi a vez dos alumnos/as de  2º.
 
Alumnas de 2º presentando os seus  experimentos coas sementes.


Tamén fixeron uns libros con forma de feixón moi bonitiños nos que falaba do crecemento dunha semente.


Para rematar alumnos/as de 5º.



Sorprendéronnos coas súas explicacións do solo.


Con galletas e gominolas explicáronnos como era a composición do solo.

Por último, xogamos para aprender a facer unha boa reciclaxe.


Alumnas/os de 1º.

Apios coloridos

O equipo Dos estudiosos de 5º fixemos un traballo que trataba de botar un pouco de colorante azul e colorante vermello.Cada cor estaba nun vaso aparte cun pouco de auga,en cada vaso puxemos un talo de apio.Pasados uns dias o apio cambiou de cor,un talo estaba vermello e o outro azul.Ainda que pasaban dias e non subia a cor ,o cabo duns dias terminou por subir un pouquiño a cor. Se demostra que a auga sube polo talo.





 
Sergio, Lucas,  Ainoa

lunes, 19 de diciembre de 2016

CARACOIS

NA NOSA CLASE ESTIVEMOS COIDANDO E OBSERVANDO UNS CARACOIS QUE VIVÍAN NO NOSO PATIO.

  

¡GÚSTANLLE AS PLANTAS DAS HORTAS!

 QUERÍAMOS SABER MOITAS COUSAS DELES, E INVESTIGAMOS. TAMÉN NOS AXUDOU A NOSA FAMILIA.



PUXERON OVOS E AGORA TEMOS MOITOS CARACOIS PEQUENIÑOS.



TODOS FIXEMOS UN LIBRO DOS CARACOIS.

6º de Infantil

Experimento 5º


O MUSGO



                                          Musgo ao final.

 Musgo ao principio.


Collimos musgo dunha árbore,  deixámolo secar.  Despois  metémolo nun caneco con auga, ao cabo duns días o musgo absorbeu toda a auga .
Con isto queremos demostrar que o musgo absorbe  os líquidos por todo o seu organismo porque non ten raíces.



viernes, 16 de diciembre de 2016

EXPOSICIÓN ORAL

EXPLICAMOS O NOSO TRABALLO DAS SEMENTES AOS NENOS E NENAS DE CUARTO.

        




6ºde E. Infantil

¿QUE NECESITAN AS PLANTAS?

Fixemos un experimento para demostrar que as plantas  necesitan  auga  lìquida, aire e luz do sol.



Temos tres plantas, metimos unha planta nunha caixa de cartón, a planta ten un pano por encima, outra nunha bolsa con peche de cremalleira e a última deixamola fora. Temos unha ficha de observación, miramos as plantas e anotamos un día  de cada semana un equipo. As veces vemos mosquitos ou vivos ou mortos, follas podres etc. Non regamos ningunha planta.

A planta da bolsa estaba humida,  as flores estaban para abaixo. Había mosquitos. Supoñemos que había ovos na terra. Morreron mosquitos e apareceron outros novos mosquitos porque se reproducíron.






Deixamos a planta dentro da caixa de cartón. Abrimos a caixa, un día estaban as ramas baixadas. Deixamos a planta na caixa de cartón. Segundo foron pasando os días deixamos a planta a sombra.





Á planta de fora  caeronlle uns poucos talos, pero sigue normal.





CONCLUSIÓN:



  • Planta da caixa: Está cos talos baixa porque non tiña luz do sol e por iso non pode fabricar o seu alimento.E está moi debil.
  • Planta da bolsa: A terra está humida e ten as flores e os talos baixados por exceso de humidade.
  • Planta de fora: Está seca e coas follas planas, está cos talos de pé. Está seca.
  • As plantas necesitan auga sen pasarse, luz do sol e aire.

EQUIPO: Los super mega imprescindibles, de 3º  (Manu, Fins, Xabi e Félix)

A CONFERENCIA SOBRE AS SEMENTES

Fomos a clase de sexto e contámoslle o proceso para obter as sementes de leituga, e os outros equipos das fabas,feixóns verdes,pementos,cabaza e tomate.Ensinámoslles fotos do que  fixemos.

Nesta foto estamos explicando o proceso do tomate

 Nesta foto estamos explicandolle o proceso da faba e do feixón verde

Eles faláronnos sobre o compost e a reciclaxe No compost non se pode botar: Latas,plásticos,bricks tampouco se pode botar nin pilas nin neumaticos,porque para iso hai  outros contedores podese botar:auga,follas,ramas,palos,palos mollados e mondas de froita.Faise para alimentar as plantas.


Nesta podedes ver os nenos e nenas explicandonos sobre a reciclaxe.

Aquí pódese ver a un neno explicando sobre o compost.

Por está foto podese ver a tres alumnos preparandose para explicar sobre a reciclaxe


Pasamolo moi ben e aprendimos moito sobre o compost e a reciclaxe.
¡¡¡GUSTOUNOS FACELO!!!


Equipo:Os Exploradores (Lucía,Gael e Xurxo)

jueves, 15 de diciembre de 2016

DISTINTOS TIPOS DE TERRA

Un día fomos ao patio a coller 2 tipos de terra.Recollemos no patio de atrás unha terra fértil e outra arxilosa.


A terra fértil e marrón e moi oscura e bastante fina , e boa para o cultivo porque ten moito humus.

 
A terra arxilosa é amarelenta é grosa é non e boa para o cultivo porque non ten humus.

Cando pasaron uns días a terra quedou mais clara.
A terra estaba clara porque se evaporou a auga que tiña co calor dos radiadores.   


Se miramos que a nosa terra esta moi clara hai que regar.  

Los 4 fantasticos, Rocío,Aaron,Alba,Yesica, de 4º 

O NOSO EXPERIMENTO DO APIO

Puxemos os talos do apio na auga con tinta  vermella,azul é amarela. En dous días vimos que chuparon moita auga. A tinta subiu polo talo do apio. Despois cortamos co cuter un pequeno anaco do talo do apio para ver os vasos leñosos.  Vimos que tiña moita tinta.
Entón como xa vimos o experimento e os talos estaban pochos os tiramos a basura.
En conclusión:Non hai que tirar substancias contaminantes ao solo porque as absorben as plantas e despois nos chegan a nós polas plantas.


Os crocodilos de 4º: Rubén,Alexia,Martín.