Os alumnos de 1º estivemos comprobando a evolución da semente do feixón en 3 situacións diferentes:
1ª Feixón nunha bandexa con algodón, luz e sen auga.
2ª Feixón nunha bandexa con algodón, luz e auga.
3ª Feixón nunha bandexa con algodón, auga e sen luz (dentro dunha caixa).
Fomos rexistrando toda a evolución e finalmente elaboramos un vídeo que presentamos aos nosos compañeiros do cole.
Observábamos e iamos anotando
diariamente.
Pero tamén o rexistramos a través de imáxes.
E confeccionamos un vídeo para que poidades ver os resultados.
Alumnas/os de 1º.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario