viernes, 10 de marzo de 2017

A REGA DOS SEMENTEIROS

Unha das propiedades da auga é a capilaridade que permite que ascenda por conductos estreitos.
Hai outras características da auga que son a cohesión e a adhesión:
A cohesión é a propiedade da auga que permite que as moléculas se peguen entre si,e pola que se atraen os dous átomos de hidróxeno da molécula da auga.
A adhesión é a propiedade que permite que a auga sexa atraida por outra superficie.


 Grazas a isto podemos regar os sementeiros metendo auga nunha caixa e que as plantas absorban toda a auga que precisen polos buratos dos botes, pero sempre teremos que estar pendentes de que a caixa teña auga.


 EQUIPO: SIN NOMBRE:Laura,Nerea,Mario,Anxo

martes, 7 de marzo de 2017

XERMINACIÓN E O PROBLEMA DOS TALOS

A xerminación é cando comeza a crecer ou a desenvolverse unha semente dunha planta.
Todas as sementes non teñen o mesmo tempo en xerminar.
 Na nosa clase o primeiro que xerminou foi : Os chicharos,  feixón, leituga e o que pensabamos que era cebola (que en realidade eran verzas)
Feixón

Leituga

Chícharo

Verzas


O PROBLEMA DOS TALOS

Os talos das nosas plantas se estiran demasiado entón  se caen. Nos pensamos que é porque buscan a luz do sol.
Alguhas plantas tumban e iso é  porque teñeno moi fino o talo, e hai que poñerlles paos (titores )
  Solución: Puxémos a caixa mais arriba para que lle dera mais luz do sol.


Os crocodilos, de 4º (Rubén, Martín, Alexia e Aaron)

lunes, 6 de marzo de 2017

PEQUECH@S PREPARANDO O TERREO

COMO OS NOSOS SEMENTEIROS XA ESTÁN CHEÍÑOS DE SEMENTES QUE AGROMARON E ESTÁN LISTAS PARA SER PLANTADAS NA TERRA...HOXE TOCOUNOS POÑERNOS MÁS Á OBRA E PREPARAR A NOSA PARCELIÑA PARA PODER SEMENTAR. O TERREO ESTABA CHEÍSIMO DE HERBAS E LEVOUNOS UN DURO XORNAL DEIXALA LISTA E PREPARADA PERO AO FIN...TRABALLO REMATADO! XA ESTÁ TODO LISTO PARA A SEMENTEIRA!!!

                            

O INTERCAMBIO E A SEMENTEIRA

No día sete de febreiro de 2017 fomos a clase de Estela e Noa a facer un intercambio.O intercambio era que nós lle dabamos compost ,eles nos daban sementes de todo tipo. Fixemos o intercambio porque necesitabamos sementes ,  e eles compost . No mesmo día que fixemos o intercambio cada un sementou dous tipos de sementes. Regamos cunha botella regadeira e despois  puxémolas onda a ventá e o radiador .




CUARTO: LOS COLORES AMY, ALBA, JORGE.

SEMENTEIRA DIRECTA

A sementeira directa é cando podemos plantar as sementes directamente na horta, na súa estación do ano.
Só se pode facer unha sementeira directa  se a planta que vas a sementar está adaptada ao clima que vai, se non ou hai que poñelas dentro dun cuarto ao lado das ventás ou facer un invernadoiro.
Nós sementamos directamente na horta : 2 patacas, 3 dentes de allo e moitas cenorias.
Atopamos miñocas e puxemos algunhas no compost porque axudan a que se faga.




Equipo: INFALIBLES 2017 de 4º.

viernes, 3 de marzo de 2017

CHARLA DE AURORA

O día 2-2-2017 viu a nai de Raul, Aurora a darnos unha charla.Tomamos notas e fixemos un resumen  que explica como  facer a sementeira no interior ,e como temos que coidar as plantas.

  
Miriam, Yésica e Lucía, 4º

miércoles, 22 de febrero de 2017

Sementando en interior

Así fixemos os nosos sementeiros os nenos e nenas de 2º:

           

martes, 21 de febrero de 2017

PREPARACIÓN DO SEMENTEIRO COAS NOSAS SEMENTES

Plantamos as nosas sementes o Venres, 10-2-17. Sementamos moitas cousas:Leitugas, acelgas, feixóns e feixóns verdes, tomate, pementos de piquillo.....
Mesturamos terra, compost e sustrato comprado. Fixemos o traballo por equipos. O primeiro que fixemos foi furar os tarros de iogurt,despois puxemos o nome do que plantamos con rotulador permanente. Botamos máis da metade da mestura que fixemos. Puxemos as sementes e tapamola con pouca terra.E por último regamos.Deixamola nun sitio quente,claro e con luz do Sol.

Cristina, Félix, Borja, Carmen e Xabi
Terceiro de primaria.