sábado, 22 de abril de 2017

2º PARTE DA HORTA

Seguimos preocupados polos caracois e o papá de David e a súa prima deunos o seguinte consello. 
Bruno está preocupado polo crecemento das plantas e a relación coas lúas e foi a súa avoa a que nos axudou.


 

viernes, 21 de abril de 2017

CONTROL DE CARACOIS E LESMAS

En primavera se hai humidade hai problemas na horta cos caracois e lesmas.
Os terreos para que no acumule moita auga a terra hai que drenalos con regos.
Non plantar en zonas enchoupadas.
Hai que levantar   o bancal para que non entren caracois nin lesmas para cultivar ben.
Nunca hai  que voltear o solo para que teña capas e non matar as arañas que comen os ovos dos caracois e lesmas.
Para favorecer a os paxaros, plantamos árbores para que fagan niños ou facer niños artificiais, eles comerán os caracois.
Os ourizos cachos é outra medida,pero é  difícil atraelos.

Nos pensamos que vamos a poñer unha tella para os caracois e lesmas que lles gusta a humidade , e cando se agochen alí nós  collémolos.




Outra idea seria botar sal nos carreiros para non perxudicar  as nosas plantas.


Os crocodilos de 4º: Rubén, Alexia, Martín, Aaron

jueves, 20 de abril de 2017

DITOS E REFRÁNS

AS FAMILIAS APORTARON DITOS E REFRÁNS SOBRE A TEMÁTICA DO PROXECTO E EXPUXÉMOLOS POR TODO O COLE!! NÓS EMPREGAMOS A ESTRUCTURA COOPERATIVA DO "FOLIO XIRATORIO" PARA CONFECCIONALOS ENTRE TOD@S AXUDÁNDONOS COA ORDE DAS LETRAS







E ESTE FOI O RESULTADO!!


martes, 11 de abril de 2017

1º PARTE DA HORTA

Os de 1º imos contarvos unha serie de consellos que nos están dando nas nosas casas sobre como cuidar a horta, o que agradecemos moito.



viernes, 7 de abril de 2017

AS PLANTAS MEDRAN!

AS NOSAS SEMENTES XA ESTÁN A XERMOLAR E IMOS RECOLLENDO NAS TÁBOAS DE REXISTRO A EVOLUCIÓN DAS PLANTIÑAS. DEBUXAMOS O QUE VEMOS, OS DÍAS QUE LEVA SEMENADO E O QUE MIDE EN CENTÍMETROS.
 O MILLO XA ESTÁ LISTO PARA DAR O PASO Á NOSA HORTA!


jueves, 6 de abril de 2017

EXPERIMENTOS DE 6º

Presentámosvos os experimentos que fixemos cada equipo para saber máis sobre a vida das plantas.

               
               
               
               

martes, 4 de abril de 2017

A SEMENTEIRA DE 5º

Os de 5º curso aprendemos a sementar  , e cando as plantas xerminaron  e medraron un pouco trasplantámolas para que sigan a medrar.

             

Ainoa  e Lucy