Informamos ás nosas familias sobre todo o traballado e aprendido neste proxecto nunha estupenda xornada de Fin de Curso, rematando cun saudable almorzo. Encantounos!
martes, 27 de junio de 2017
jueves, 22 de junio de 2017
REVISTA ESCOLAR CURSO 2016-2017
Na revista deste curso, dedicada integramente ao proxecto "Quen sementa, recolle", ofrecemos moita información elaborada nas aulas sobre diferentes temas. Mirade:
miércoles, 21 de junio de 2017
OPINANDO SOBRE O PROXECTO
Despois do traballo realizado ao longo do curso, as nenas e nenos de terceiro opinan sobre o proxecto.
PORTFOLIO DE 1º
Recopilación do traballo realizado polos alumnos e alumnas de 1º de primaria en relación co proxecto escolar.
Portfolio De 1º: Quen sementa recolle
jueves, 15 de junio de 2017
A COLLEITA
O alumnos e alumnas de 1º xa foron recollendo os primeiros produtos da horta, e aquí está a demostración:
miércoles, 14 de junio de 2017
A POLINIZACIÓN DA FLOR DA CABAZA
Cando naceron as flores das cabazas, os nenos e nenas de 1º puxéronse a investigar e descubriron...
viernes, 9 de junio de 2017
jueves, 8 de junio de 2017
miércoles, 7 de junio de 2017
QUE LLE PASA ÁS LEITUGAS?
A leituga estaba crecida
Un día iamos á leira e vimos que a leituga estaba alta
Non sabiamos o que pasaba así que nos informamos, o que pasaba era que a planta iba a tirar flor e outras sementes, e volverse a reproducir porque non a cortamos.
Martín e Alexia
martes, 6 de junio de 2017
EXPERTOS EN TOMATES
NA AULA DE 5 ANOS APRENDEMOS MOITAS COUSAS SOBRE OS TOMATES E CONTÁMOLO TODO NESTE MURAL PARA A EXPOSICIÓN:
lunes, 5 de junio de 2017
PRIMEIROS FROITOS: CHÍCHAROS
Os chícharos foron os primeiros froitos en sair
Primeiro aparecen as flores dos chícharos
Destas flores crecen as vaiñas
Dentro das vaiñas estan os chícharos, hai que comelos cando están verdes porque se non quedan secos, e logo serven para sementar de novo.
Amy e Alba
viernes, 2 de junio de 2017
FLORES!!!
As plantas da nosa horta empezan a ter flores:
Flor de pemento
Flor de millo
Flor de cogombro
miércoles, 31 de mayo de 2017
NA FAENA
SACHAR: Remover a terra ou limparlle as herbas co sacho.
RAREAR: Facer que unha cousa sea menos DENSA ( mesta, espesa).
As nosas cenorias agora quedaron máis raras (escasas).
Asi van engordar mais.
Rubén, Miriam, Xián e Yesica.
martes, 30 de mayo de 2017
CONTO REDONDO
Investigando sobre a miñoca, decidimos facer un conto...
Despois o preparamos para a misora Escolar:
Finalmente o decoramos como o que era, un conto redondo.
Despois o preparamos para a misora Escolar:
Finalmente o decoramos como o que era, un conto redondo.
miércoles, 24 de mayo de 2017
domingo, 14 de mayo de 2017
3º PARTE DA HORTA
Acabamos de decatarnos de que o refrán co que estivemos traballando, "Con abono e rega non hai mala terra", ten moito de verdade. A sabedoría popular chegou até nós cos refráns.
martes, 9 de mayo de 2017
QUE FACEMOS COS PAXAROS E COS CARACOIS???
DECIDIMOS PREGUNTARLLES ÁS FAMILIAS QUE PODEMOS FACER COS CARACOIS QUE COMEN AS NOSAS LEITUGAS E COS PAXAROS QUE PETISCAN OS NOSOS AMORODOS. PARA ISO ESCRIBIMOS ESTA NOTA E...VEREMOS QUE IDEAS NOS APORTAN!
Etiquetas:
coidados,
comunicar,
E.Infantil 4º e 5º,
familias,
froitos,
hortalizas
lunes, 8 de mayo de 2017
QUE FAI FALTA?
UN DOS ÁLBUMES ILUSTRADOS QUE TRABALLAMOS COA TEMÁTICA DO PROXECTO É ESTE FERMOSO "QUE FAI FALTA?" DO GRAN AUTOR GIANNI RODARI.
NA NOSA CLASE QUIXEMOS VERSIONALO E ILUSTRÁMOLO ENTRE TOD@S EMPREGANDO A ESTRUCTURA COOPERATIVA DO LÁPICES AO CENTRO. ESTE FOI O XENIAL RESULTADO!!
NA NOSA CLASE QUIXEMOS VERSIONALO E ILUSTRÁMOLO ENTRE TOD@S EMPREGANDO A ESTRUCTURA COOPERATIVA DO LÁPICES AO CENTRO. ESTE FOI O XENIAL RESULTADO!!
PROBLEMIÑAS NA NOSA HORTA
HOXE, CANDO FOMOS REGAR A HORTA, DESCUBRIMOS QUE TEMOS UN PROBLEMA!! NON, 2 PROBLEMAS!!

E POR OUTRA BANDA OS PAXAROS DERON COS NOSOS PRIMEIROS AMORODOS, TAN VERMELLIÑOS E CON TAN BOA PINTA, E PICOTEÁRONOS TODOS!
ASÍ QUE NA CLASE PUXÉMONOS A DARLLE VOLTAS Á CABEZA PARA DAR IDEAS E POSIBLES SOLUCIÓNS A ESTE PROBLEMA TAN URXENTE QUE TEMOS NA NOSA HORTA. MENOS MAL QUE SEMPRE TEMOS UNHA MOREA DE IDEAS BRILLANTES!!! PODEDES ESCOITALAS NESTE ENLACE.

POR UNHA BANDA DESCUBRIMOS QUE OS CARACOIS ESTÁN A COMER AS FOLLAS DAS NOSAS LEITUGAS, QUE XA ESTÁN MOI GRANDOTAS E APETECIBLES
E POR OUTRA BANDA OS PAXAROS DERON COS NOSOS PRIMEIROS AMORODOS, TAN VERMELLIÑOS E CON TAN BOA PINTA, E PICOTEÁRONOS TODOS!
ASÍ QUE NA CLASE PUXÉMONOS A DARLLE VOLTAS Á CABEZA PARA DAR IDEAS E POSIBLES SOLUCIÓNS A ESTE PROBLEMA TAN URXENTE QUE TEMOS NA NOSA HORTA. MENOS MAL QUE SEMPRE TEMOS UNHA MOREA DE IDEAS BRILLANTES!!! PODEDES ESCOITALAS NESTE ENLACE.
Etiquetas:
coidados,
comunicar,
consellos,
E.Infantil 4º e 5º,
leitugas
viernes, 5 de mayo de 2017
NA HORTA PUXEMOS...
AS nenas e nenos de terceiro realizaron fichas informativas das plantas que puxeron na horta.
jueves, 4 de mayo de 2017
ASÍ MEDRARON OS AMORODOS
LOGO DE VER TODA A EVOLUCIÓN DA PLANTA DO AMORODO, POUCO A POUCO FOMOS COMPLETANDO A NOSA TÁBOA DE REXISTROS ONDE FIGURAN TODOS OS CAMBIOS QUE SUFRIU ATA CHEGAR A DARNOS ESTES AMORODOS QUE, POR CERTO, ESTABAN RIQUÍSIMOS!!!
miércoles, 3 de mayo de 2017
EMPEZAMOS A VER FROITOS!!!
AS NOSAS PLANTIÑAS DE AMORODO XA EMPEZAN A DAR FROITO!! O PE ESTÁ CARGADIÑO PERO O VENRES AÍNDA ESTABAN ASÍ DE VERDES.
A NOSA SORPRESA FOI HOXE CANDO, DESPOIS DESTES DÍAS SIN COLE, ATOPAMOS OS AMORODOS ASÍ DE MADURIÑOS, VERMELLOS E CUNHA PINTA....UUMMMM
viernes, 28 de abril de 2017
FROITOS NAS VENTÁS!
ESTAMOS TAN MOTIVADOS CO TEMA DA HORTA E DOS FROITOS QUE PLANTAMOS QUE QUIXEMOS DECORAR A NOSA AULA CON ESTE MOTIVOS E TIVEMOS UNHA XENIAL IDEA: DECORAR AS VENTÁS CON FROITOS COMA SI FORA OUTRA HORTA!!
PUXÉMONOS MANS Á OBRA E...
PUXÉMONOS MANS Á OBRA E...
ESTE FOI O ESPECTACULAR RESULTADO!!
FUNDACIÓN SALES, UN TESOURO BOTÁNICO
Crónica da visita ao xardín botánico da Fundación Sales. ¡¡¡Mágoa, faltounos poder ver o nenufar xigante!!!
Diseño sin título de a xanela Aberta
miércoles, 26 de abril de 2017
TRANSPLANTE E COIDADOS
Despois de informarnos ben do que tiñamos que facer, aquí vos contamos o que fixemos para preparar a nosa horta coas plantas que sementamos.
Así foi como observamos a evolución das nosas sementes:
martes, 25 de abril de 2017
CONDICIÓNS DE AGRICULTURA ECOLÓXICA
A agricultura ecolóxica é unha forma de traballar a horta sen facer dano á natureza.
Unha condición sería ter unhas xoaniñas para que defendan a horta dos pulgóns en vez de utilizar produtos químicos. Para que veñan as xoaniñas e outros insectos hai que ter flores de moitas cores e plantas aromáticas. Algúns insectos como as abellas e as bolboretas polinizan as flores.
Non podemos mover o solo demasiado porque se non destruimos o lugar dos seres vivos.
Hai que rotar as plantas (poñelas cada vez nun sitio distinto ) porque así cada planta absorbe minerais distintos.
Hai que ter unhas plantas diferentes( de cada tipo) para que non haxa pragas.
E hai que utilizar compost como fertilizante.
OS COLORES, Amy, Alba e Jorge

É A HORTA UN ECOSISTEMA?
A horta é un ecosistema porque hai animais e plantas que se relacionan entre eles e co medio fisico.O medio fisico da horta é o solo, é a luz , a auga , a temperatura e o aire.
Nunha horta pode haber seres vivos como: pulgóns,formigas,xoaniñas,flores (como rosas,tulipáns e petunias), e sobre todo hai hortalizas.
Algunhas relaciòns entre os seres vivos da horta e o medio fisico son:
A planta co solo: A planta necesita os nutrientes do solo.
A formiga co pulgón: A formiga defende o pulgón e axudalle a subir as plantas de xudías, e o pulgón a cambio dalle un líquido que fai el.
A miñoca e a terra: A miñoca vive no solo.
Las tres rosas: Miriam, Yésica, Lucía

lunes, 24 de abril de 2017
TAMÉN TEMOS ACELGAS
A FAMILIA DO NOSO COMPAÑEIRO MARTÍN TROUXONOS HOXE UNHAS PLANTAS DE ACELGA QUE LLES SOBRARON DAS QUE PLANTARON NA HORTA DA SÚA CASA. MARTÍN, QUE XA AXUDOU NA CASA AOS SEUS PAIS NESTE TRABALLO, PLANTOU AS PLANTAS NA NOSA HORTA E XA ESTÁN LISTAS PARA MEDRAR XUNTO COAS SÚAS VECIÑAS!
AS ''MALAS'' HERBAS
Unha mala herba superficial non vai roubarlle os nutrientes dunha raíz profunda.
Tampouco pode competir cunha pataca xa feita, por exemplo.
Unha mala herba impide perder o solo por unha erosión, pola auga da chuvia, e a calor.
Unha mala herba come o nitróxeno, e grazas a ela o nitróxeno non contamina o subsolo.

A nosa idea é que algunhas malas herbas arrincarémolas e outras as deixaremos por que son beneficiosas, arrincamos as que esten ocupando o sitio das plantas e estorbando, e deixamos as que non estorben.
Infalibles 2107: Rocío, Xián, Santi
sábado, 22 de abril de 2017
2º PARTE DA HORTA
Seguimos preocupados polos caracois e o papá de David e a súa prima deunos o seguinte consello.
Bruno está preocupado polo crecemento das plantas e a relación coas lúas e foi a súa avoa a que nos axudou.
viernes, 21 de abril de 2017
CONTROL DE CARACOIS E LESMAS
Os terreos para que no acumule moita auga a terra hai que drenalos con regos.
Non plantar en zonas enchoupadas.
Hai que levantar o bancal para que non entren caracois nin lesmas para cultivar ben.
Nunca hai que voltear o solo para que teña capas e non matar as arañas que comen os ovos dos caracois e lesmas.
Para favorecer a os paxaros, plantamos árbores para que fagan niños ou facer niños artificiais, eles comerán os caracois.
Os ourizos cachos é outra medida,pero é difícil atraelos.
Nos pensamos que vamos a poñer unha tella para os caracois e lesmas que lles gusta a humidade , e cando se agochen alí nós collémolos.
Outra idea seria botar sal nos carreiros para non perxudicar as nosas plantas.
Os crocodilos de 4º: Rubén, Alexia, Martín, Aaron
Etiquetas:
animaliños,
coidados,
Cuarto,
información
jueves, 20 de abril de 2017
DITOS E REFRÁNS
AS FAMILIAS APORTARON DITOS E REFRÁNS SOBRE A TEMÁTICA DO PROXECTO E EXPUXÉMOLOS POR TODO O COLE!! NÓS EMPREGAMOS A ESTRUCTURA COOPERATIVA DO "FOLIO XIRATORIO" PARA CONFECCIONALOS ENTRE TOD@S AXUDÁNDONOS COA ORDE DAS LETRAS
E ESTE FOI O RESULTADO!!
Etiquetas:
compartir,
comunicar,
E.Infantil 4º e 5º
martes, 11 de abril de 2017
1º PARTE DA HORTA
Os de 1º imos contarvos unha serie de consellos que nos están dando nas nosas casas sobre como cuidar a horta, o que agradecemos moito.
lunes, 10 de abril de 2017
viernes, 7 de abril de 2017
AS PLANTAS MEDRAN!
AS NOSAS SEMENTES XA ESTÁN A XERMOLAR E IMOS RECOLLENDO NAS TÁBOAS DE REXISTRO A EVOLUCIÓN DAS PLANTIÑAS. DEBUXAMOS O QUE VEMOS, OS DÍAS QUE LEVA SEMENADO E O QUE MIDE EN CENTÍMETROS.
O MILLO XA ESTÁ LISTO PARA DAR O PASO Á NOSA HORTA!
O MILLO XA ESTÁ LISTO PARA DAR O PASO Á NOSA HORTA!
Etiquetas:
E.Infantil 4º e 5º,
sementeira,
sementes,
xerminación e crecemento
jueves, 6 de abril de 2017
EXPERIMENTOS DE 6º
Presentámosvos os experimentos que fixemos cada equipo para saber máis sobre a vida das plantas.
martes, 4 de abril de 2017
A SEMENTEIRA DE 5º
Os de 5º curso aprendemos a sementar , e cando as plantas xerminaron e medraron un pouco trasplantámolas para que sigan a medrar.
Ainoa e Lucy
Ainoa e Lucy
Etiquetas:
Quinto,
sementeira,
xerminación e crecemento
miércoles, 29 de marzo de 2017
UN ESPANTALLO PARA A HORTA
Fixemos un espantallo para que os paxaros non nos coman as plantas da Horta, por exemplo as leitùgas e moitas mais plantas da horta.
Imoslle poñer DVD rotos e algunhas latas con pedras dentro para que faga ruido e poñeremolo na horta.
O espantallo faremolo con duas canelas formando rectas perpendiculares con cuatro angulos rectos.
Isto aprendemolo en Mates.
O espantallo mide de alto 2m. E de ancho 1´20m.
Iker Otero,Martin e Raùl.

Fila 2, Columna 1 |
Iker Otero,Martin e Raùl.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)