martes, 13 de diciembre de 2016

EXPOSICIÓN DO NOSO TRABALLO


Fomos todos a clase de infantil a enseñarlle o traballo que fixemos. Explicamoslle os tipos de solo, a importancia do solo, os perigos do solo, etc...
 

Despois enseñamos a terra fértil e a terra arxilosa aos de infantil e viron a diferencia. Tuvemos que explicar as palabras que non entendian como humus, fértil, humíferos, seres vivos, erosión etc...



Os nenos e nenas de infantil enseñaronnos as sementes que colleron eles, de moitas froitas e verduras. E nos explicaron como o fixeron.



Esta é a presentación que fixemos, cada equipo unha parte:


More presentations from CEIP DE LEIRADO 

 Equipo LOS ZURDOS 4º Amy, Lucía e Xián


Sorprendentes talos.

Fixemos uns experimentos con talos de plantas.
O día 18 de outubro puxemos un talo de xeranio e un talo da planta do diñeiro auga.

O 25 de outubro puxemos alfábega, que é unha herba aromática.       O 21 de novembro miramos todos os talos:
Xeranio
Foi botando raices pero despois duns días empezou a morrer e pensamos que debería estar na terra por que tuvo exceso de agua.


A planta do diñeiro
Botou moítas raices, polo menos 20 raices ou aínda mais.


Alfábega 
 Botou raices moi pronto cando estaba na auga.



 CONCLUSIÓN
1.As plantas necesitan distintas cantidades de auga.
2.Algunhas plantas poden reproducirse por talo.
3.Esta reprodución chamase asexual porque non é por flores.

Pero ao fin estan nun tarro ben tranquilas.
 
Equipo: M.J.S. Aula de cuarto.

lunes, 12 de diciembre de 2016

OBTENCIÓN DE SEMENTES III

Despois de recoller información e levar a cabo extracción das sementes dos froitos fixemos unha presentación. Ímola usar na conferencia que lle daremos ás nenas e nenos de sexto.



Tamén preparamos un esquema que colocamos no corredor, xunto cos paneis informativos.

OBTENCIÓN DE SEMENTES II

Sacamos a información dun texto que nos deu a  profe sobre a obtención de sementes.


Fixemos un resumen da información que nos deu a profe sobre as fabas ou feixón verde,cabaza,leituga,pemento e tomate.


Todas as  catro mesas da clase de 3º fixo un  panel informatívo é colocarono no corredor.


Estraemos as sementes,que lle tocaron a cada mesa da clase de 3º.


Algúns froitos que extraemos estaban medio a podrecer.
Collimos piñas do magnolio, cando saimos ao recreo.


E logo a nosa tutora nos deu tres  sementes a cada nenos e nenas do magnolio.


Equipo Os catro fantásticos, de 3º (Carlos, Carmen, Raúl e Iker Lamela)


OBTENCIÓN DE SEMENTES I

Buscamos información para poder obter sementes de cabaza e de pemento .
Fixemos un proceso paso,a paso.
Fixemos un texto informativo.
Fixemos paneis informativos co a información dos procesos

Partimos os pementos e a cabaza para sacar as sementes.








Remexemos as sementes de cabaza na auga para sacar os refugallos.

Puxémolas a secar nun papel de cociña

Pero unhas collerom mofo. Evasamos as boas  e as malas separadas para ver se se poden reproducir.
Tuvemos que etiquetar moi ben os datos para saber que día empaquetamos as sementes.
Fumos a clase de 6º e contamoslle o proceso e tamen falaron outros equipos, do seu proceso , os tomates,
feixóns, leitugas, cabazas, feixons verdes e pementos.
Uns días despois fumos a biblioteca e contamoslle á, clase de 4º o mesmo que a 6º e eles contarón o seu
proceso.
E por ultimo fixemos un esquema sobre como obter as sementes das prantas e froitos.
Nesta foto falta Borja, que estaba enfermo.

 Equipo:os Solidarios, de 3º (Martín,Borja, Cristina e Iker Otero)

AS SEMENTES

Coñecemos as sementes, das que sairán as plantiñas cando sementemos. Este foi o traballo que fixemos e explicamos aos compañeiros de 1º e 5º:





miércoles, 30 de noviembre de 2016

EXPERIMENTANDO

HAI UNS DÍAS CHEGOU Á NOSA CLASE UNHA MALETA CUNHA CHEA DE COUSAS INTERESANTES DENTRO!! TIVEMOS UNHA MOREA DE IDEAS DO QUE PODIAMOS FACER CON TODO AQUILO PERO...RESULTOU UN EXPERIMENTO MOI INTERESANTE NO QUE DESCUBRIMOS COMO SE ALIMENTAN AS PLANTAS E O IMPORTANTE QUE É COIDAR A NATUREZA. NESTE VIDEO RECOLLEMOS UN RESUMO.

         

jueves, 24 de noviembre de 2016

O compost

Nós  estamos facendo o compost para botar na nosa horta para que as plantas crezan grandes e fortes. 
Informámonos e fixemos unhas ínstrucións  para a compostaxe.




 Facémolo recollendo a materia orgánica para botala no composteiro e que se faga humus.
Botamos follas, fungos,froita,etc non botamos lixo, non se pode botar plásticos nen cristais. Tamén botamos restos de froitas que comemos no recreo.
 Revolvemos un pouco.


No recreo collemos as ferramentas e vamos polo patio e collemos  follas, mazás pochas da maceira,fungos e fasco. Tamén anotamos na libreta o que facemos e o que observamos.

Un día miramos a temperatura e medía 45ºC.
Unha vez miramos vermes e tamén que tiña algo de humus xa.
 A veces hai mosquitos cando o compost esta húmido, e botamoslle fasco ou cousas secas.


Os de sexto recolleron para o composteiro a cinza de facer o magosto.

                                                                                                                                                  Aula de 4º