Informámonos e fixemos unhas ínstrucións para a compostaxe.
Facémolo recollendo a materia orgánica para botala no composteiro e que se faga humus.
Botamos follas, fungos,froita,etc non botamos lixo, non se pode botar plásticos nen cristais. Tamén botamos restos de froitas que comemos no recreo.
Revolvemos un pouco.
No recreo collemos as ferramentas e vamos polo patio e collemos follas, mazás pochas da maceira,fungos e fasco. Tamén anotamos na libreta o que facemos e o que observamos.
Un día miramos a temperatura e medía 45ºC.
Unha vez miramos vermes e tamén que tiña algo de humus xa.
A veces hai mosquitos cando o compost esta húmido, e botamoslle fasco ou cousas secas.
Aula de 4º
No hay comentarios.:
Publicar un comentario