Este ano no colexio CEIP de Leirado imos a traballar un novo proxecto: "A horta".
Neste blogue publicaremos todas as novidades sobre o noso traballo e vos informaremos sobre as novas que haxa en relación coa nosa horta.
Neste intre os mais maiores, os alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria estamos traballando co compost, e os mais pequenos están recollendo sementes dalgunhas froitas, verduras e hortalizas como os tomates, os pementos, as cabazas, leituga... e estudándoas (canto tardan en nacer, os seus tamaños, etc...) para logo plantalas na horta.
Asímesmo estamos realizando algúns experimentos que iremos colgando no blog ao longo dos vindeiros día.
E RECORDADE: QUEN SEMENTA, RECOLLE.
As alumnas e alumnos de 6º de EP
Información |
Composteiro que nos enviou o Concello de Salvaterra de Miño |
As ferramentas |
A terra |
No hay comentarios.:
Publicar un comentario